LFS HELP file (Galego) Translated by: louBaN NOTE : This file is designed to be read from "?" buttons inside Live for Speed ------ \con_wind Isto é unha precaución por dúas posibles situacións que poden suceder nalgunhas computadoras cando utilizan xogos a pantalla completa. 1) Se utilizas un cortalumes, é posible que apareza unha mensaxe de aviso cando intentes empezar unha partida ou conectarte ao servidor. 2) Nalgunhas computadoras pode que apareza una xanela de petición de conexión cando intentes acceder a internet. Estas mensaxes poden colgar a PC se o xogo estase a executar en modo pantalla completa, polo tanto, esta opción pon o xogo en modo xanela temporalmente mentras conecta. Se a túa computadora non amosa ningunha mensaxe cando o xogo estase a conectar, podes desactivar esta opción. \host_pw Algúns servidores requiren contrasinal, se lles coñece coma servidores privados. Se conectas a un servidor privado, debes introducir un contrasinal nesta caixa. Os servidores públicos non requiren contrasinal - non importa o que puxeras nesta caixa! \game_nm ^7Partida pública -^8 introduce un nome na caixa de texto para dar un nome que che identifique no servidor. ^7Partida privada -^8 o nome permite aos teus amigos atopar o servidor. \ip_name ^3Opcións : ^7rede local -^8 podes entrar nunha partida local escribindo a dirección IP do servidor. ^7internet -^8 podes entrar nunha partida de internet escribindo o nome do servidor. \host_ip Podes conectar a unha partida nunha computadora da rede local. A dirección IP é un número único escrito en 4 partes separadas por puntos. Preme no botón e escribe a dirección IP da computadora á que queres conectar. Hai 2 xeitos de saber a dirección IP da PC : 1) Executar WINIPCFG no menú inicio. 2) Executar IPCONFIG nunha xanela de DOS. \agreement ^3Benvido a Live for Speed!^8 Para utilizar este programa, debes aceptar o seguinte texto : - Live for Speed está en continuo desenrolo. Novas características poden ser engadidas, actualizadas ou eliminadas en calquer momento. Algunhas destas características, funcionais aínda que incompletas, poden ser engadidas co gallo de mellorar a variedade e o contido do simulador. - Este programa non ven con ningún tipo de garantía. - Se instalas e utilizas este programa será baixo a túa responsabilidade. A xente do desenrolo de Live for Speed non teñen ningún tipo de responsabilidade nos posibles danos persoais ou da computadora que a utilización do programa poda causar. - O contido da DEMO pódelo utilizar calquera, é totalmente gratis. O contido BLOQUEADO é só para usuarios debidamente autorizados. Non debes tentar acceder ao contido bloqueado, ou axudar a outras persoas a facelo, de ningún outro xeito que non sexa adquirindo unha licencia e utilizando a xanela do xogo destinada ao desbloqueo. ^7Grazas.^8 \host_port Cando conectas directamente a unha dirección IP, debes coñecer a mesma e máis o porto que utiliza o servidor. Debes utilizar o porto 63392 por defecto ou algún outro porto escollido polo administrador do servidor. En calquer caso, debe ser o porto por defecto ou un porto alto inferior a 65536. \game_pw ^7Partida privada -^8 pon un contrasinal na caixa. ^7Partida pública -^8 deixa a caixa baleira. \max_packs Éste é o número máximo de paquetes enviados por segundo e coche. ^7Mínimo:^8 3 paquetes por segundo. ^7Máximo:^8 6 - máis suave / require o doble de ancho de banda (subida) / require máis cpu. \host_cars Podes establecer o número máximo de coches que o servidor pode poñer en pista. Iso inclúe pilotos reais ou IA. ^7Mínimo:^8 0 - o servidor pode mirar a carreira pero non participar. ^7Máximo:^8 3 - até 3 pilotos IA ou 1 piloto real e 2 pilotos IA. Reducindo este valor mellorarás os requisitos de ancho de banda para a subida. \guest_cars Podes establecer o número máximo de coches que cada cliente pode poñer na pista. Iso inclúe pilotos reais e IA. ^7Mínimo:^8 0 - os clientes poden mirar a carreira pero non participar. ^7Máximo:^8 3 - até 3 pilotos IA ou 1 piloto real e 2 pilotos IA. \host_nm Podes conectar a unha computadora en particular conectada a internet. Para buscar unha partida por nome no canto de IP, introduce o seu nome na caixa. Os nomes das partidas axudaranche a atopar aos teus amigos online, aínda que non saibas que IP utilizan. \use_master O servidor principal é un programa especial executándose nunha PC conectada a internet. Mantén actualizada a lista de partidas e servidores que se están a facer en todo intre e permíteche acceder a elas. ^3Opcións : ^7Local^8 - non se intentará conectar ao servidor principal. Outros xogadores poden conectarse premendo en "Entrar nun servidor concreto", escollendo a opción de "rede local" e escribindo a dirección IP da túa computadora. ^7Internet^8 - establécese unha conexión co servidor principal e aparecerás na lista de partidas OnLine. ^7Oculto^8 - establécese unha conexión co servidor principal, pero NON aparecerás na lista de partidas OnLine. Outros xogadores poderanse conectar a túa partida premendo en "Entrar nun servidor concreto", escollendo a opción de "internet" e escribindo o nome da partida. ^3Nota :^8 Se a túa computadora está conectada indirectamente a internet a través de conexión compartida de internet ou unha rede con cortalumes, para usar as opcións "internet" ou "oculto", debes estar seguro de que os portos TCP e UDP axeitados están abertos. \game_ip Se o precisas, podes especificar a dirección IP que queres que se utilice. Isto serache útil cando unha computadora ten máis dunha dirección IP dispoñible. Se deixas a caixa baleira utilizarase calquer dirección IP dispoñible. \admin_pass Podes especificar un contrasinal diferente para administradores. Se un cliente conéctase utilizando este contrasinal e non a do servidor, poderá configurar remotamente o servidor utilizando os comandos baseados en texto. Por favor, le o arquivo README.txt para máis información, no paragrafo "Host commands". \game_port Podes escoller que portos TCP e UDP queres utilizar. Así poderás utilizar máis dun servidor LFS dedicado na mesma computadora. Utiliza o valor por defecto 63392 ou escolle un valor inferior a 65536. \master_help Non se pode conectar co servidor principal. Pode ser por varias razóns: 1) Se estás detrás dun cortalumes este pode ter bloqueado a conexión. 2) Pode ser temporalmente imposible conectarse ao servidor principal desde o teu ISP. 3) O servidor principal pode non estar en execución nestes intres por algun problema técnico. Por favor, comproba o estado do servidor principal en : ^7www.lfs.net^8 o ^7www.lfsforum.net^8 \max_cars Podes establecer o número máximo de coches que poden correr na pista. Iso inclúe pilotos reais e IA. ^7Mínimo:^8 1 - só poderá correr un coche. ^7Máximo:^8 16 na versión DEMO, 28 nas versións S1 e S2 Este valor é importante para determinar o ancho de banda de subida necesario. \ded_host Podes empezar unha partida como servidor normal ou dedicado. ^7servidor normal :^8 Podes xogar coma se estiveses en modo Un Xogador e ademáis os outros xogadores de internet poderán entrar na túa partida. ^7servidor dedicado :^8 Non se amosan gráficos nin se calculan os datos da física, non podes xogar desde o servidor. Ésta é a mellor opción se non queres xogar desde o servidor e queres facelo conectado desde outra computadora. Podes utilizar unha computadora moito menos potente para facer o servidor dedicado. \max_guests Podes establecer o número máximo de computadoras que poderán conectar co teu servidor. ^7Mínimo:^8 1 - só un xogador poderá entrar no teu servidor. ^7Máximo:^8 15 na versión DEMO, 47 nas versións S1 e S2 Este valor é importante para determinar o ancho de banda de subida necesario. \upload_bw Se o teu ancho de banda non é un dos predefinidos, deberás introducir a man o teu ancho de banda de subida en Kilobits por segundo (Kbits/s). Se non sabes que velocidade de subida ten en Kbits/s pero si o sabes en Kbytes/s, multiplícao por 8 para pasalo a Kbits/s. Isto axudarache a escoller a configuración do servidor para que non excedas o teu ancho de banda. \modem_type Aa capacidade de poder facer de servidor para varios xogadores depende do teu ancho de banda de subida. Isto depende do teu modem/router e do servicio que che de o teu ISP. Por favor, escolle un tipo de modem/router ou escolle "persoalizada" e engade a man o ancho de banda de subida en kilobits por segundo (Kbits utilízase xeralmente para indicar a velocidade das comunicacións dixitais). ^7Módems predefinidos :^8 - módem liña telefónica : 56 Kbit de baixada / 33.6 Kbit de subida - módem cable/adsl : 512 Kbit de baixada / 128 Kbit de subida - módem cable/adsl : 1 Mbit de baixada / 256 Kbit de subida \admin_slots Podes reservar algunhas conexións para administradores. ^7Mínimo :^8 0 - ningunha conexión reservada para admins. ^7Máximo :^8 8 - ou unha menos que o número máximo de usuarios. Asegura que podas ingresar sempre no teu propio servidor, asignando un contrasinal de admin. \skin_info Para baixadas automáticas de skins de alta resolución, debes ter algo de crédito no LFS World. Crédito LFS World siñifica : un balance positivo na túa conta LFS. Para usar este servizo, podes facer un pago a ^7www.lfs.net^8 ou ^7www.lfsworld.net^8 ou usar un vale. Por cada^3 £1 ^8de crédito poderás baixar^3 2000 ^8skins. O pago mínimo é de £3. ^7Como funciona :^8 Precisas un mínimo de £1 de crédito LFS World. Cando fagas a primeira baixada dun skin de alta resolución, o balance da túa conta reducirase en £1 e terás dispoñibles 2000 baixadas de skins. Despois de baixar 2000 skins, outra £1 deducirase e o número de baixadas dispoñibles incrementarase outra vez a 2000. ^7Aviso :^8 Os skins de alta resolución tardarán máis en baixar, tamén tardarán máis en cargar cando outros corredores abandoen os boxes e incrementarán en catro veces o uso da memoria gráfica. Ista opción só é recomendable se tes unha computadora, tarxeta gráfica e conexión a internet de boa calidade. \skin_help Unha ^7skin^8 é un arquivo de imaxe para decorar o exterior dun coche ou casco. LFS ten un sistema automatico de baixada de skins. Cando corres online, as skins doutros pilotos baixan automáticamente á túa computadora de xeito que poderás ver os seus coches e cascos tal e coma eles os pintaron. Se desexas facer as túas propias skins, recomendámosche visitar ^7www.lfs.net^8 e baixar o ^7CMX Viewer^8 da sección Additional Downloads. O CMX Viewer é un programa especial de axuda para facer skins, con plantillas incluídas. Despois de gardar unha skin no cartafol ^7skins^8 (dentro do cartafol ^7data^8 ) podes escollela na pantalla de garaxe / boxes. Para que outros pilotos podan ver as túas skins online, debes subilas a ^7www.lfsworld.net^8 . Así a skin que escolleches para o coche baixará automáticamente ás computadoras dos outros pilotos cando coincidas con eles online. \tex_filter As texturas amósanse a diferentes niveis de detalle dependendo do tamaño de visualización en pantalla. Eses niveis de detalle chámanse mipmaps. Se unha textura visualízase pequena (p.e. un obxecto lonxano), usarase un mipmap máis pequeno. A opción de filtrado de texturas afecta ao xeito de combinación dos mipmaps. ^7ningún :^8 Filtrado Biliñal - sen combinación - só se usa o mipmap de máis preto ^71x :^8 Filtrado Triliñal - o resultado é a imaxe da combinación dos dous mipmaps de máis preto ^72x - 16x :^8 Filtrado Anisotrópico - as superficies en ángulos oblícuos veranse menos borrosas O filtrado Anisotrópico (AF) mellora a visualización pero afecta ao rendemento da computadora reducindo os FPS. Usando AF terás mellores resultados con menos mip bias negativo (move a marca mip bias cara á dereita). \mip_bias Estas opcións afectan ao punto de transición entre os distintos mipmaps dunha textura (os mipmaps descríbense no texto de axuda para a opción de filtrado de texturas). Move cara á esquerda para unha apariencia máis clara e menos borrosa. Move cara á dereita para unha aparicencia máis suave e menos clara. Cando unha textura debúxase de xeito oblícuo (p.e. un pavimento lonxano) o filtrado de texturas tende a facelo borroso de máis, polo tanto proporciónanse configuracións distintas para varios tipos de superficies dependendo de como sexan amosadas. ^7interfaz / texto :^8 mip bias por defecto -1.0 (non visto en ángulos oblícuos) ^7obxetos / muros :^8 mip bias por defecto -2.0 ^7herba / grava :^8 mip bias por defecto -3.0 ^7pavimentos :^8 mip bias por defecto -4.0 (visto con moitos ángulos oblícuos) O Filtrado Anisotrópico (AF) é un método avanzado para reducir o efecto borroso das superfícies oblícuas. Se escolles AF (filtrado de texturas 2x - 16x) acadarás mellores resultados con menos mip bias negativo (móveo cara á dereita). \comp_full As skins de coche e casco incluídos co LFS, e as doutros corredores baixados de xeito automático cando estás online, gárdanse en DDS, que é un formato de compresión especial que pode ser usado directamente polas tarxetas gráficas, o que permitet carga e renderizado rápidos e menor uso de memoria. Deste xeito as skins úsanse comprimidas en todos os casos. Non obstante as skins creadas por ti ou baixadas manualmente ao teu cartafol de skins gárdanse en formato JPG. Aínda que JPG é un formato comprimido, non foi deseñado para rapidez e non pode usarse directamente polas tarxetas gráficas. Esta opción permíteche usar skins en JPG sen ter que convertilas a DDS, sen gran perda de detalle. Neste caso a skin JPG descomprímese na carga. As skins descomprimidas usan máis memoria gráfica e reducen os FPS, pero permitirán facer boas capturas de pantalla. ^7comprimidas :^8 as skins JPG do teu cartafol convertiranse a DDS e usaranse comprimidas ^7completas :^8 as skins JPG do teu cartafol descomprimiranse ao cargar e amosaranse coma texturas descomprimidas \user_name Para competir online (ou desbloquear todo o contido logo dunha actualización de licencia) debes introducir un nome de usuario válido. Podes crear unha conta en ^7www.lfs.net^8 - para o que so se require o teu email. NOTA : Nunca daremos o teu enderezo de correo a ninguén agás esteamos obrigados por lei para facilitar información á autoridade. \user_pass Logo de facer a túa conta de usuario en ^7www.lfs.net^8 debes introducir aquí o teu contrasinal GAME. Permitirache competir online (ou desbloquear todo o contido licenciado). \host_mode ^3Opcións : ^7demo -^8 esta opción restrinxe o teu host ao contido demo do LFS. ^7S1 -^8 despois de desbloquear a S1 esta opción permitirache arrincar un host co contido S1. ^7S2 -^8 desbloqueando a S2 podes comezar un host co contido S2 completo. \shadow_gen Estas opcións producen o mesmo resultado de xeito diferente. É mellor escoller a opción que resulte con maior frame rate cando moitas sombras son visibles, por exemplo cunha grella completa. Como é habitual para as probas gráficas, debes pausar o LFS para evitar o uso de físicas e son pola CPU.